publicidade hoxe

O director de Augas de Galicia supervisa as instalacións da nova EDAR de Santa Comba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+
O director de Augas de Galicia na visita á Edar de Santa Comba

O director de Augas de Galicia na visita á Edar de Santa Comba

O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, supervisou hoxe o funcionamento das instalacións da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Santa Comba, constatando o seu correcto funcionamento dende a súa posta en servizo no pasado mes de marzo. No acto, no que se explicaron as obras levadas a cabo pola Xunta de Galicia para a execución desta infraestrutura, estivo tamén presente o alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira.

A obra, que supuxo un investimento de máis de 2,7 millóns de euros, entrou en servizo a finais de marzo deste ano e será explotada polo contratista durante os próximos tres anos. O inicio do seu funcionamento supón unha importante mellora ambiental para o río Xallas, que a día de hoxe conta cunha protección efectiva adicional para o seu ecosistema.

A nova EDAR de Santa Comba, que ocupa unha superficie de 4.500 m2, está situada no núcleo de Guisande e próxima ao río Xallas. A depuradora ten una capacidade de 8.000 habitantes equivalentes e dá servizo a todo o núcleo de Santa Comba.

O sistema de depuración conta cunha primeira fase co pretratamento cun desbaste do material groso e outro para o material fino, o desareado e o desengrase das augas residuais. Conta tamén cun tratamento biolóxico que se realiza mediante un proceso de fangos activados en modalidade de aireación prolongada, para o que se executou un carrusel de 55 metros de lonxitude e 5 de altura. Para a seguinte fase do proceso executouse un decantador secundario de 20 metros de diámetro e 2,7 de calado. Para a desinfección final da auga tratada utilízase un canle de raios ultravioletas.

As obras incluíron, ademais da EDAR, actuacións na rede xeral de saneamento: un pozo de bombeo en Braña Rica cunha capacidade 115 m3/h, 958 ml de impulsión en PVC, 1.773 ml de colector Interceptor en PVC, dende o final da impulsión na rúa Curros Enríquez e o seu desenrolo na Avda. Brasil, rúa Lugo e posteriores, ata o seu entronque co colector da EDAR; e 1.365 ml de colector dende a antiga depuradora das Dornas ata a nova de Santa Comba.

13 de xuño de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.