Máis de 600 participantes inscritos na Copa Xunta nas Pontes de García Rodríguez
O sábado 7 de decembro (a partir das 10:00) o Pavillón Municipal das Pontes de García Rodríguez acollerá a Copa Xunta de Galicia de técnica, na que participarán case setecentos deportistas que se exercitarán nos oito tapices dispostos para este evento.
A Copa Xunta de Galicia é un torneo de técnica (infantil e adultos) que ten como obxectivo prioritario a participación e a promoción deste deporte. Neste torneo participan aqueles deportistas que lograron a clasificación nas fases provinciais que se celebraron o pasado 30 de novembro coa participación de dous mil rapaces e rapazas. Os tres primeiros clasificados de cada categoría lograron unha praza para a Copa Xunta. Foi a edición que reuniu a maior participación dende que se celebra este torneo. Así, en Pontes de García Rodríguez participarán máis de seiscentos deportistas e 30 xuíces.