publicidade hoxe

Actividades da aula municipal de informática de Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

1. ACTIVIDADES POR VIDEOCONFERENCIA

Actividades realizadas por videoconferencia  integradas no convenio asinado coa “Axencia de Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)”, e coa colaboración do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG)  para dar a posibilidade ós interesados que non se poidan desplazar a Santiago

SEMINARIO: “BIG DATA”

DATA: mércores, 6 de novembro

HORARIO: mañá, de 09:30 a 13:30 horas

TEMÁTICA:  Amosaráse unha visión clara e práctica do que é o BigData (tratamento e análise de grandes repositorios de datos), de cómo se poden beneficiar as empresas e as saídas profesionais asociadas. Programa: As tecnoloxías clave de Hadoop, cómo funcionaHDFS MapReduce e inicio ao desenvolvemento de aplicacións MapReduce.

DESTINATARIOS:  Desenvolvedores con algunha experiencia en programación (preferiblemente Java), non sendo necesarios os coñecementos previos en Hadoop.

2. CURSOS FORMATIVOS DESENVOLVIDOS POLA AULA CEMIT DO CONCELLO DE CELANOVA

CURSO: “O USO DAS REDES SOCIAIS”

Tipo de actividade: Entender que son as redes sociais e como inflúen nas relacións profesionais e persoais. Coñecer os distintos tipos de redes sociais.Seleccionar a rede social máis acorde aos nosos intereses. Participar nunha rede social de forma activa e segura.

Destinatarios:Acordado coa Asociación Amas de Casa do Concello de Celanova (ILDUARA).

Data: dende ó 11 de novembro ó 25 de novembro

Horario: 16:30 a 18:00 h

Duración: 8 horas

CURSO: “INICIACIÓN A INFORMÁTICA. MÓDULO I”

Tipo de actividade: Curso básico de manipulación do ordenador dirixido a aquelas persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías. Manipulación da computadora, introducción aos sistemas operativos, manexo dos periféricos, introducción a internet, escritura básica, programas básicos de interacción coa computadora…….

Destinatarios: Persoas que queren iniciarse dende cero coas novas tecnoloxías e teñen moi pouco ou ningún coñecemento do manexo dun ordenador

Data: dende o 14 de novembro ó 26 de novembro

Horario: 16:00 á 18:30 horas

Duración: 15 horas

CURSO: “ BUSCA DE EMPREGO A TRAVÉS DE INTERNET”

Tipo de actividade: Curso básico de busca de emprego na Internet dirixido a desempregados que busquen activamente un emprego. Amosaranse as vantaxes que ten a busca de emprego a través da Internet e así como a utilizar os recursos da Internet para a busca de emprego, identificar e visitar as diferentes páxina web sobre emprego……

Destinatarios: Desempregados inscritos no Inem, e en xeral a toda a cidadanía interesada na temática., que utilice a nivel básico un ordenador, navegar por internet empregar o correo electrónico e manexe un programa editor de texto.

Data: 19,20,21 e 22 de novembro

Horario: 10:30 a 12:30 horas

Duración: 8 horas

CURSO: “APRENDE A RETOCAR AS TÚAS FOTOGRAFÍAS CO GIMP”

Tipo de actividade: curso multimedia de retoque fotográfico.

Data: tardes, do 27,28 e 29 de novembro

Horario: de 17:00 a 20:00h

Número de horas: 9h

Destinatarios: persoas interesas na fotografía dixital e queiran profundizar no aprendizaxe utilizando software libre, e manexen o computador a modo básico.

CURSO: “NAVEGA SEGURO NA REDE”

Tipo de actividade: curso orientativo no manexo de internet e a navegación segura, na que se dará a coñecer os principais riscos e ameazas na navegación por Internet, así como medidas preventivas

Destinatarios:Cidadanía en xeral.

Data: sábado, 30 novembro

Horario: 09:00 a 13:00 h

Duración: 4 h

Aula aberta

A aula está aberta a toda a cidadanía, libre e gratuitamente, para o uso dos ordenadores e internet en horario libre de cursos.

Requisitos: Faerse usuario da aula e si es menor autorización dos país ou titor legal.

8 de novembro de 2013 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.