publicidade hoxe

O Concello de Beariz organiza as Xornadas de Exaltación do Porco Celta adicadas a Brasil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBearizCalendarioLocal
A-
A+

O Concello de Beariz organiza do 10 ao 12 de maio as Xornadas de Exaltación do Porco Celta que nesta edición se dedican a Brasil. As tres xornadas lúdico-gastronómicas incluirán un completo programa de actividades que atraerán a atención de veciños e visitantes.

VENRES 10 DE MAIO

– Ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello: fallo do Concurso de debuxos sobre o Porco Celta.

– Ás 19:15 horas, proxección da curtametraxe “Mamá Asunción” de “Chano Piñeiro”.

SABADO 11 DE MAIO

– Ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa do Concello: Recepción de representantes homenaxeados.

– Ás 19:30 horas, na Igrexa Parroquial de Beariz: Concerto Coral.

DOMINGO 12 DE MAIO

– Ás 10:00 horas apertura do recinto feiral no entorno do Pavillón Polideportivo de A Goberna

– Ás 10:30 horas, roteiro cabalar.

– Ás 11:00 horas, exposición escultórica de Esther Veiga:

– Ás 11:30 horas, comezo das actuacións musicais.

– Ás 12:30 horas, recepción autoridades.

– Ás 13:00 horas, pregón das festas.

– Ás 14:00 horas, xantar.

Menú da VII festa do Porco Celta de Ourense en Beariz:

EMPANADA DE PORCO CELTA, CHOURIZOS DE PORCO CELTA CON PETOLO, CARNE DE PORCO CELTA Á BRASA CON PATACAS ASADAS, BICA DE LARANXA, CAFÉ E LICORES

Prezo: 25,00€ (23,00€ en caso de venda anticipada), os menores de 12 anos: 15,00€ (13,00€ en caso de venda anticipada)

Poderase facer reserva ata o luns 6 de maio ás 14 horas previo pago a través de Nova Galicia Banco, Banco Pastor, Banco Santander e Banco Caixa Geral, en caso de reserva de grupo especificarase o nome dun deles.

Tamén se poderán retirar as entradas no posto de información do recinto.

Postos de venda de entradas anticipadas: Panadería Pan de Beariz (en Beariz e en Ourense), Bar Centro, Bar Beariz, Bar San Pedro, Carnicería Terra de Montes e Cervecería el Abuelo.

Teléfonos de Contacto 988 284000 e 629687572

26 de abril de 2013 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.