publicidade hoxe

O Centro de Formación xalleiro xa conta coa acreditación por parte da Xunta de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSanta Comba
A-
A+

A consellería de Traballo e Benestar ven de resolver favorablemente a petición do concello de Santa Comba, para poder contar cun centro de formación ocupacional.

O “Centro Integrado de Formación Terra de Xallas” xa conta coa acreditación necesaria.En base  a esta comunicación oficial, no centro ubicado no Multiusos xalleiro pódense impartir tamén once novos certificados de profesionalidade.

Desde a concellaría de Promoción Económica, Formación e Emprego valórase moi positivamente  a acreditación obtida por parte da Xunta de Galicia, xa que permitirá manter e incrementar a oferta formativa do concello de Santa Comba.

Na actualidade estanse desenvolvendo  distintos talleres de emprego que pretenden incidir na busca activa de traballo e na inserción laboral, en tempos tan complexos.

Os 11 novos certificados de profesionalidade que se poden impartir son:

– Asistencia á dirección

– Actividades administrativas na relación cocliente

– Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas.

– Operacións auxilaires de servizos administrativos e xerais.

– Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos. 

– Xestión integrada de recursos humanos.

– Actividades de xestión administrativa.

– Creación e xestión de microempresas.

– Dinamización comunitaria.

– Dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. 

 

29 de abril de 2013 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.