publicidade hoxe

Barcia fai un balance das actuacións efectuadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadeo
A-
A+

Suárez Barcia subliñou “o traballo e esforzo feito pola Deputación Provincial de Lugo, concretamente pola brigada de asfaltados, polo seu parque móbil, que estivo aquí en Ribadeo varias semanas, sobre todo nas parroquias do interior, onde lles demos unha boa volta a moitos camiños que se atopaban deteriorados. E xunto coa brigada de persoal municipal xuntámola coa da Deputación para que entre os dous colectivos puidéramos render máis, ir a máis camiños e facer máis actuacións ao longo destas últimas semanas”. E engadiu que “agora que se marchan hoxe, quérolles dicir aos veciños e veciñas das parroquias da costa que quedaron sen actuar neste plan conxunto coa Deputación que a partires deste mes, a través doutros plans, con fondos municipais propios ou do plan de obras e servizos que temos coa institución provincial, actuaremos nas parroquias da costa onde tamén hai camiños estragados e os que lles fai boa falta”.

O alcalde sinalou que “tamén a partires de hoxe no que ten que ver coa subida a Noceda, cunha actuación que fixo a Xunta hai unhas semanas, continuarán as obras de amañar os laterais con zahorra para evitar perigosidade aos vehículos e ás motocicletas polo chanzo tan grande que está a haber”.

O rexedor ribadense considera que “é agora cando chega a primavera cando se deben facer estas obras nos camiños, aínda que en xaneiro fixemos algún rebacheo pequeno, o tempo era malo e a calidade dos traballos non queda como debería. É agora, a partires desta data, cando temos que intensificar todo o traballo nos camiños para que esta longa rede municipal que temos estea nun estado de revista aceptable”.

13 de marzo de 2013 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.