publicidade hoxe

Vilar de Santos inicia unha campaña para dar a coñecer o municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilar de Santos
A-
A+

Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico, onde o desenvolvemento industrial e económico convive coa conservación da natureza e das tradicións máis arraigadas e no que durante décadas apostouse polo aproveitamento e posta en valor dos recursos e das capacidades locais.

Parque empresarial

En 1998 foi posto en marcha o parque empresarial e desde entón o crecemento foi constante. Na actualidade ocupa unha superficie duns 225.000 m2 e conta con 20 empresas instaladas. Grazas a nova ampliación existen 40.000m2 dispoñibles para a instalación de novas empresas. Cunha ubicación estratéxica e bos servizos, seguridade xurídica, dispoñibilidade inmediata de solo. prezo moi competitivo e axudas a instalación.

Vivenda

O pobo de Vilar de Santos foi recoñecido como Area de Rehabilitación Integral- ARI, e a conseguinte sinatura dun convenio co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia, marcou un hito na história do noso concello que permitirá a realización de actuacións de rehabilitación neste núcleo, que terán acceso as axudas económicas previstas pola lei.
Está aberta a 1ª convocatoria de axudas dirixidas aos propietarios dos edificios e vivendas da Area de Rehabilitación Integral para a execución de obras, vixente ata o 11 de xaneiro de 2013
As axudas poderán acadar o 75% do orzamento protexible para as actuacións de rehabilitación sen exceder de 11.600 euros por vivenda.

Canalizado todo a través da Oficina Municipal de Rehabilitación, a 1ª destas características nun concello rural na provincia de Ourense

Servizos

Contamos con infraestruturas, servizos e equipamentos públicos de calidade e para todos: Novo centro de saúde, centro de día e vivenda comunitaria, centros sociais, instalación deportivas, transporte, piscina municipal e intitución culturais tan relevantes como o Museo da Limia.

A todo isto temos que engadir que Vilar de Santos é un concello solvente, saneado e con boas perspectivas de futuro. No ano 2011 destacan como datos relevantes na liquidación do orzamento municipal o aforro neto foi de 74.295,79 euros e o remanente de tesourería de 74.104,24 euros, indicativos da nosa solvencia e liquidez.

Por todo elo conideramos que a día de hoxe e tendo en conta actual situación de crise, Vilar de Santos e un lugar para vivir, no que persoas que hoxe non encontran na cidade unha saída poden iniciar unha nova vida.

Ainda existen oportunidades de autoemprego para aqueles emprendedores que lle den valor á calidade de vida e que sexan capaces de entender que o medio rural de hoxe, non ten nada que ver co de hai 20 anos, especialmente en lugares como Vilar de Santos, no que se teñen feito grandes esforzos por mellorar a vida dos veciños e veciñas.

28 de decembro de 2012 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.