publicidade hoxe

Gran éxito no comezo do I Campus da Fonsagrada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Fonsagrada
A-
A+

O fútbol sala cóase esta semana na vida da Fonsagrada co I Campus Mixto de Base. A cita, organizada polo Concello coa coordinación da Fundación Imdecum e o secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, arrancou esta mañá con éxito con 40 alumn@s de entre 5 e 17 anos.

Ata o sábado, os rapaces alternarán os adestramentos con torneos e outros deportes (futvoley, rugby, béisbol…), olimpíadas tradicionais e xogos, ademais de piscina e obradoiros, con convidados sorpresa.

Iago Míguez e Edu

O clínic recibirá mañá a visita dos capitáns do CD Burela FS Pescados Rubén, Iago Míguez e Edu, xunto ao director da escola laranxa, Alfonso Mera. 

7 de xullo de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.