Comezan en Ribadumia os Xoves animados con inchables e delfín acuáticos
O Concello de Ribadumia, en colaboración coa concellería de Cultura, preparou para este verán un programa de ocio infantil baixo o nome de “Xoves Animados”. As actividades comezan este xoves día 9 de xuño con inchables e delfín acuáticos para facer fronte ócalor do período estival.
Coma o resto das actividades,os inchables estarán situados na Praza do Concello en horario de 18:00 a 21:00 horas. Aínda que nun primeiro o momento a actividade estaba programada para as 19:00 horas, dende a concellería decidiuse cambiar a hora para adaptala áactividade acuática.
A entrada égratuíta e os inchables estarán supervisados por monitores que atenderán ós pequenos e ás súas familias. Dende o Concello espérase a participación activa de todas as familias para apoiar a labor dos monitores e, sobre todo, que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán.