publicidade hoxe

Agustín Reguera repite investidura como alcalde de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Agustín Reguera recollendo o bastón de mando

Agustín Reguera recollendo o bastón de mando

Agustín Reguera foi investido novamente como alcalde de Soutomaior tras conseguir  nas últimas eleccións municipais a maioría absoluta con 7 edís dos 13 que compoñen a Corporación local. No pleno de constitución da Corporación Municipal non houbo sorpresas xa que cada concelleiro votou pola súa cabeza de lista, confirmando así ao candidato popular durante outros catro anos.

As primeiras palabras de Reguera como rexedor electo foron de agradecemento “a todos os veciños e veciñas de Soutomaior, pola súa participación e exemplo de madurez democrática”.Na súa intervención, anunciou que, a pesar da súa maioría absoluta, ía seguir gobernando con “humildade” e ofreceu diálogo ao resto de grupos para “traballar polo ben de todos”.Así, Reguera deixou claro que o que une a todos os partidos que obtiveron representación municipal “é que todos queremos o mellor para Soutomaior”.

O alcalde dirixiuse aos 13 concelleiros electos: “que sempre podamos ir coa cabeza ben alta e podamos dicir que os nosos veciños nos deron a oportunidade de facer algo pola nosa cidade e fixémolo, sen escatimar un segundo, nin unha milésima de dedicación, nadiña de nada de esforzo, dando o mellor de nós e antepondo sempre os intereses de Soutomaior ante todo e sobre todo”.

Do mesmo xeito, o alcalde afirmou que o seu goberno durante estes catro anos “centrarase en achegar aínda máis o Concello a todos os veciños de Soutomaior, cunha xestión próxima e transparente”.

Para finalizar anunciou un proxecto de goberno no que fará especial fincapé no contido social, en reducir os desequilibrios, no desenvolvemento dos nosos barrios, e que co apoio de todos, en ofrecer un Soutomaior do que nos sintamos máis orgullosos aínda”.

13 de xuño de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.