publicidade hoxe

As dúas oficinas de turismo municipais de Poio rexistraron un total de 615 visitantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre o volumen de visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais durante o mes de maio. O pasado mes de maio as dúas oficinas de turismo municipais situadas nas parroquias de San Salvador e Combarro rexistraron un total de 615 visitantes dos que un 80,64% foron de procedencia nacional e un 19,36% estranxeiros.

En canto á orixe dos visitantes nacionais, un 26,04% procedían da nosa comunidade autónoma, seguidos dos madrileños que representaron o 25,02%, os visitantes de Castela e León cun 16,66% e asturianos e Vascos cunha porcentaxe do 11,45% e do 8,33 % respectivamente.

As oficinas de turismo municipais en breve contarán con novas incorporacións de persoal coincidindo co inicio da tempada estival. Dúas bolseiras contratadas polo Concello de Poio e unha técnico de turismo subvencionada pola Xunta de Galicia se incorporarán a partires do 15 de xuño ás oficinas de turismo co fin de prestar un servizo amplo e de calidade ós milleiros de visitantes que se achegan ata o noso municipio cada verán.

A partires do quince de xuño a oficina de turismo de Combarro permanecerá aberta de luns a domingo en horario de mañá e tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.

Pola outra banda, a oficina de turismo do Casal de Ferreirós a partires do 15 de xuño tamén ampliará o seu horario sendo este de luns a venres de 09:00 a 14:00 e polas tardes de 17:00 a 20:00. En canto a Casa Museo de Cristóbal Colón situada en Porto Santo, continuará aberta durante toda a tempada estival de luns a sábado en horario de 10:30 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 20:30.

A Casa Museo de Colón que conta cunha exposición permanente adicada a figura do navegante, prestará así mesmo, servizo como oficina de turismo ós visitantes que se acheguen ata ela o contar o museo polas tardes cunha técnico titulada en información e comercialización turística. Deste xeito, o Concello de Poio disporá de sete profesionais da rama do turismo para atender ós turistas e visitantes que se acheguen ata o noso municipio durante toda a tempada estival.

3 de xuño de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.