publicidade hoxe

O Concello de Teo informa do prazo para anotarse nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

Os campamentos deportivos da Deputación da Coruña teñen aberto o prazo para anotarse ata o 29 de maio. Este ano haberá dous campamento repartidos por idades, un deles para os rapaces e rapazas que naceran entre os anos 2001 e 2005, para o cal hai oito prazas, polo que se o número de solicitudes supera o número de prazas realizarase un sorteo público o día 1 de xuño ás 10:30 horas na Casa do Concello; e outro para os rapaces e rapazas nadas entre os anos 1998 e 2000, para o que non hai un número estipulado de prazas por concello, senón que será a Deputación quen xestione o reparto de prazas.

Ambos campamentos realizaranse no Centro Calvo Sotelo (A Coruña), o dos maiores celebrarase entre os días 19 e 25 de xullo e o dos máis pequenos entre o 28 de xuño e o 4 de xullo. Durante as xornadas de convivencia os participantes practicarán deportes náuticos, equitación, multiaventura, paseos a cabalo, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, fútbol 7, baloncesto, batuca, capoeira, hip-hop,voleibol praia e tenis, veladas nocturnas, unha noite en tenda de campaña e actividades culturais, ademais no campamento dos maiores incluirase a actividade de deporte e inglés.

A ficha debe presentarse acompañada da seguinte documentación: foto de carné, fotocopia do DNI ou libro de familia, fotocopia do documento de asistencia sanitaria e, no caso de ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, presentar o xustificante médico. A cota de inscrición é de 85 euros e non inclúe o traslado de ida e volta ó lugar do campamento. 

8 de maio de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.