publicidade hoxe

O III Circuíto Provincial de Carreiras Populares arranca en Frades e alcanza xa as 25 probas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesFrades
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, presentou esta mañá a terceira edición do Circuíto Provincial de Carreiras Populares, unha competición que non deixou de crecer dende que naceu no 2013 e que este ano alcanza as 25 probas.   

“O que comezou coma un proxecto piloto, con dez carreiras, é hoxe unha cita imprescindible do calendario dos atletas”, sinalou Calvo, que estivo acompañado no acto desta mañá pola vicepresidenta, Mariel Padín, e polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, que asegurou que o circuíto posto en marcha pola Deputación da Coruña “é xa un dos máis numerosos da xeografía estatal polo número de probas que integra”.

As competicións arrancan mañá coa disputa da II Carreira Pedestre Popular Concello de Frades, continuarán este mesmo domingo coa proba de O Pino e, como xa sucedeu en edicións anteriores, rematará coa competición máis antiga da provincia, a Carreira Popular de Negreira, que cumpre este ano a súa 36 edición. Coma nova incorporación está a I Carreira Terras de Iria, organizada polos concellos de Rois e Dodro.

Poden participar dende nenos de 8 anos ata persoas de máis de 60 xa que hai ata dez categorías de idade. Os interesados en apuntarse poden facelo a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.atletismogalego.org) ou do organizar de cada carreira.

O seu presidente, Isidoro Hornillos, agradeceu durante a súa intervención a “aposta” da Deputación por este deporte, un apoio que, sinalou, “contribúe a consolidar hábitos de vida saudables”.

A institución provincial destinará 35.400 euros a este programa, 27.450 euros destinados a contratar a coordinación e o control técnico da actividade e 7.950 para o pago dos premios, que se entregarán nunha gala final ao rematar o ano.

Para poder optar aos galardóns é necesario ter participado como mínimo en 10 das 25 carreiras. Ademais dunha clasificación individual tamén haberá outra por clubs, que sumarán puntos con cada socio que remate a proba.

Calendario de probas:

II CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE FRADES 01/05/2015
XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 03/05/2015
I CARREIRA TERRAS DE IRIA (ROIS-DODRO) 16/05/2015
VIII CARREIRA POPULAR DE OUTES 17/05/2015
XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE A SILVA (CERCEDA) 31/05/2015
VII CARREIRA POPULAR PEDESTRE “TORDOIA IN ESSENCE” 06/06/2015
IV CARREIRA POPULAR RÍA DO BURGO 07/06/2015
V CARREIRA POPULAR 10KM CONCELLO CARBALLO 21/06/2015
II CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CEE 27/06/2015
II CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESO 05/07/2015
IV CORRESAN NOCTURNA “CIDADE VELLA” SANTIAGO 11/07/2015
XXIV MILLA URBANA CONCELLO DE ARES 01/08/2015
XXVI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE 15/08/2015
XIX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA 29/08/2015
VII CARREIRA POPULARA CONCELLO A POBRA 30/08/2015
XXXIV MARATHÓN POPULAR SAN XOAN DE PIÑEIRO MUGARDOS 05/09/2015
IV CARREIRA NOCTURNA “CORRE POR FERROL” 12/09/2015
IV MILLA URBANA CONCELLO DE VALDOVIÑO 20/09/2015
II CARREIRA POPULAR DOLMEN DE DOMBATE CABANA DE B. 26/09/2015
XVIII CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA 27/09/2015
IX CARREIRA POPULAR CORUÑA10 04/10/2015
V CARREIRA DA AUGUA UNICEF SADA 11/10/2015
XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE AMES 18/10/2015
III CARREIRA POPULAR TOFFE-CONCELLO DE RIANXO 01/11/2015
XXXVI CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA 08/11/2015

30 de abril de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.