publicidade hoxe

Talabarte actúa este venres en Barbadás no ciclo ‘Noites Bárbaras’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásCalendario
A-
A+
Europa Press
Talabarte

Talabarte

O grupo Talabarte, formado por Pedro Pascual, Quim Farinha e Kin García, actuará este venres 27 de marzo na Casa da Cultura de Barbadás (Ourense), dentro do ciclo ‘Noites Bárbaras’, que organiza o concello en colaboración con Culturactiva SCG.

A programación, durante os meses de marzo e abril, está pensada para adultos e achegará á localidade ourensana espectáculos teatrais, concertos de diferentes estilos e monólogos de artistas galegos.

Tras a primeira sesión do ciclo, na que Luís Iglesia e Xavier Deive representaron hai dúas semanas o seu espectáculo ‘Sede de mal’, agora a quenda é para Talabarte, que ofrecerán un concerto este venres ás 20,30 horas. As entradas serán gratuítas ata completar o auditorio e deben recollerse no propio recinto.

En abril, o ciclo continuará con novas actuacións, como a do día 10 de Isabel Risco, co seu monólogo ‘Nabiza Girl’ ás 20,30 horas, tamén na Casa da Cultura.

25 de marzo de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.