publicidade hoxe

Rematan as obras de reparación e mellora do saneamento de Figuerido nas que se investiron 75.500 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo informou hoxe de que xa están rematadas as obras no saneamento de Figuerido. Uns traballos que incluíron a reparación e a mellora na rede así como a dotación de medidas de prevención e protección para evitar novos danos. Cabe destacar que a zona na que se actuou é delicada xa que se atopa ao nivel do río Xunco e víase afectada polas crecidas de caudal.

Desta maneira, o Concello levou a cabo un proxecto “completo e en profundidade”, co que se poderá evitar que as enchentes causen problemas na rede de saneamento. O alcalde, Alfonso Villares e a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, acompañados de técnicos municipais comprobaron o remate das obras, nas que o goberno local investiu 75.500 euros financiados con fondos unicamente municipais.

Uns cartos que proceden na súa meirande parte do remanente de tesourería e que só se poden destinar a actuacións que sexan sostibles, como é este caso do saneamento. Un remanente de tesourería que é o resultado dunha xestión económica responsable que permite dispoñer de máis cartos para actuacións e áreas estratéxicas coma esta.

“Desde el Concello estamos apostando por extender la red de saneamiento por todo o municipio. De hecho, en estos años hemos dedicado ya más de 8 millones de euros a este servicio que no se ve, pero es muy importante porque aporta bienestar y calidade de vida a nuestros vecinos”, asegura Alonso.

25 de marzo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.