publicidade hoxe

O mes do Entroido vívese en Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

A colaboración entre o movemento asociativo, o sector hostaleiro e o Concello dá os seus froitos, e un ano máis Malpica de Bergantiños destacará polo seu Entroido, cheo de música, animación, diversión e tamén tradicións. Precisamente arredor desas tradicións xirará a primeira actividade deste ano. O día 7, ás 19.30 horas, celebrarase na sala de xuntas da Cas do Pescador a Mesa redonda “Entroido histórico nas terras de Malpica de Bergantiños: Madamitos, Farruco, Faustino, Mikaela, Xogo das Vacas e comparsas”, coa participación de representantes de AVV Monte d´Arxa, ACD San Xulián, A.C. Raigañas, Asoc. de Amigos da Mikaela, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e AVV de Leiloio, entre outros.

O programa do Entroido en Malpica prolongarase ata o día 28, polo que temos por diante case un mes repleto de actividades organizadas polo Concello de Malpica, Asociación Cultural Malante, ANPA Ventorrillo, Asociación de Redeiras Mar da Illa, Asociación Cultural Carcaxía, A.C.D. San Xulián, A.V.C.S. O Brizo, Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Amigos da Mikaela, Asociación de Veciños Monte D´arxa, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos, A. VV. de Leiloio e pubs de Malpica.

Calendario de actividades:

Xoves día 12 de febreiro (Xoves de Entroido)

En Malpica

O Entroido na Ludoteca Infantil: Festa infantil, de 17.00 h. a 18.30 h. (só rapaces inscritos na Ludoteca).

Venres día 13 de febreiro (Venres de Entroido)

En Malpica

O Entroido na Ludoteca: Pasarrúas da Ludoteca Infantil e o CEIP MILLADOIRO, a partir das 10.00 h.

Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Cestas de lacóns e chourizos para os mellores disfraces. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan os pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Sábado día 14 de febreiro (Sábado de Entroido)

En Cerqueda

Festa de Disfraces Infantil (con xogos, premios e chocolatada) a partir das 16.00 h. no Centro Sociocultural das Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

En Seaia

Festa de Disfraces Infantil con inchable a partirdas 16.30 h. na Casa da Cultura de Seaia. Colabora: A. C. Carcaxía.

En Malpica

Concurso de Disfraces de Entroido, a partir das 24.00 horas polos pubs da vila. Premios en metálico para os mellores disfraces: 1º Premio 250,00 €, 2º Premio 150,00 € e 3º Premio 100,00 €. As persoas participantes deberán percorrer todos os locais organizadores onde se puntuará cada disfraz. Gañarán os/as que acaden maior puntuación. Organizan Pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Domingo día 15 de febreiro (Domingo de Entroido)

En Malpica

Desfile de Disfraces Infantil. Percorrerá a vila saíndo do Centro Cívico ás 17.00 h. e rematando na Praza Villar Amigo. Organiza: Asociación Cultural Malante.

Actuación daCharanga Ruada polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

Nos pubs da Vila, Orellas do pincho e outros doces do Entroido a partir das 17.00 h. Organizan pubs: Jofra, Submarino, Leño, Brebaxe, Cornecho, O Patio e Prisma.

Concurso de Comparsas do Entroido polas principais rúas da vila de Malpica a partir das 17.30 horas. Cestas de Entroido para as mellores comparsas. Entrega de premios a partir das 19.30 horas na Praza Villar Amigo.

Concurso de Piñatas do Entroido na Praza Villar Amigo a partir das 18.30 horas. Entrega de Premios ás 19.00 horas. Colaboran: A. C. Malante, Asoc. Profesional de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.

Baile Social de Disfraces de Maiores das 20.00 h. ás 23.00 h. no Auditorio do Centro Cívico amenizado con música en directo a cargo do dúo NuevoSiglo.

Luns 16 de febreiro (Luns de Entroido)

En Buño

Festa de Disfraces Infantil con inchables, e chocolatadaás 16.30 h. no Pavillón Polideportivo do CEIP Joaquín Rodríguez Otero. Colabora: ANPA do CEIP Joaquín Rodríguez Otero.

Martes 17 de febreiro (Martes de Entroido)

En Malpica

Festa de Disfraces Infantil con inchables (rapaces/as ata 14 anos), no Pavillón Polideportivo de Malpica das 17.00 ás 20.00 horas. Colabora: ANPA Ventorrillo.

Concurso Gastronómico de Doces do Entroido, a partir das 16.00 h., no Pavillón Polideportivo de Malpica. Fallo do xurado e degustación ás 20.00 horas. Colaboran: Asoc. de Redeiras Mar da Illa e ANPA Ventorrillo.

Inscrición: No Departamento de Educación e Cultura ou en calquera das entidades colaboradoras.

Sábado 21 de febreiro (Sábado de Piñata)

En Buño

A Mikaela sairá ás 16.00 horas do Restaurante Canta la Rana percorrendo todos os bares e tabernas de Buño. Ás 22.00 h. queima da Mikaela e a partir das 23.00 h. actuación da orquestra PANAMÁ e remate de festa cun gran DJ, no aparcamento do Restaurante Casa Elías. Organiza: Asociación de Amigos da Mikaela

Domingo 22 de febreiro (Domingo de Piñata)

En Cerqueda

Percorrido dos Madamitos e Ghuardinerospola parroquia acompañados da charanga local “Os Condanados”.Saída ás 15.00 h. Itinerario: Os Resios, O Ceán, Folgueira, As cortes, Cerqueda, Leduzo e as Pozacas. Organiza: A.C. Raigañas, Comisión de Festas de Cerqueda, Asociación Cabalar Os Veteranos e Asociación de Veciños Monte d ´Arxa.

En Vilanova

Festa de Disfraces Infantilcon inchables e degustación de doces do Entroido a partir das 16.00 h. na Escola Unitaria de Beo. Colabora: A.V.C. S. O Brizo.

En Seaia

Cocido do Farruco e Faustino, para todos/as os/as participantes no Enterro do Farruco e o Faustino, imprescindible asistir disfrazado. No Restaurante Esqueiro a partir das 15.00 h. Inscricións no propio restaurante ou no Super MM até o xoves 19 de febreiro. Prezo: 15.00 € adultos e 10 euros os nenos. Organiza: A.C.D. San Xulian.

Actuación da Charanga NBA polas rúas de Seaia, a partir das 16.30 horas.

Enterro do Farruco, sairá en procesión ás 16.30 horas do Restaurante O Esqueiro percorrendo as rúas de Seaia. Xuntarase co seu curmán o Faustino no Centro Cívico e o acompañará ata o porto. Organiza: A.C.D. San Xulián.

En Malpica

Actuación daCharanga NBA polas rúas da vila, a partir das 17.30 horas.

Enterro do Faustino, que sairá do Centro Cívico ás 17.30 horas para percorrer as rúas da vila. Organiza: Asociación de Redeiras Mar da Illa.

Sábado 28 de febreiro

En Leiloio

Festa infantil con inchables a partir das 17.00 h. na Casa dos Veciños de Leiloio. Colabora: Asociación de Veciños de Leiloio.

Desfile de disfraces infantil e de adultos a partir das 20.30 h. seguido do Concurso de Doces para rematar coa actuación do DjSebas. Organiza: Asociación de Veciños de Leiloio.

En Cerqueda

Gran Cocido de Entroido no Restaurante Canta la Rana.ás 22.00 h., Dúo de Festa. Organizan: Asociación Cultural Raigañas, Asociación de Veciños Monte d´Arxa, Comisión de Festas de Cerqueda e Asociación Cabalar Os Veteranos. Prezo: Adultos 28,00 €, nenos/as (6-12) 10,00 € e menores de 6 anos de balde. Inscricións: Supermercado Ordóñez (Sara) ou nos telf.: 616 159 721 – 981 753 985.

4 de febreiro de 2015 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.