Comeza en Oleiros a liga municipal de judo
Esta fin de semana comeza a Liga municipal de Judo. A xornada iniciarase ás 10:00 ata as 13:30 h, coma sempre no pavillón municipal de Canide. Esta actividade vai dirixida principalmente a rapaces e rapazas entre 8 e 17 anos e practicantes de judo nas casas do pobo, aínda que coa finalidade de elevar a participación e polo tanto o nivel formativo da actividade, participarán tamén escolares de centros de ensino e clubs da comarca da Coruña, Lugo e Ferrol. En total son uns 500 judokas os que participarán ao longo desta tempada na actividade.
As datas programadas son as seguintes:
1ª Xornada 24 de xaneiro (sub-15, sub-17, xornada única con entrega de medallas)
2ª Xornada 31 de xaneiro (sub-13 alevíns, sub-11 benxamíns)
3ª Xornada 14 de febreiro (sub-13, sub-11)
4º Xornada 7 de marzo (sub-13, sub-11) Clausura de liga con entrega de trofeos e medallas para a categoría sub 11 e sub 13.