publicidade hoxe

O centro de día de maiores de Porto do Son viviu un simulacro de evacuación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPorto do Son
A-
A+

O centro de día de maiores de Porto do Son vai sufrir un incendio na sala da caldeira polo que producirase unha situación de emerxencia na que haberá que evacuar ás persoas usuarias e profesionais do centro, que terán que escapar das lapas e do fume.

Nisto vai consistir o simulacro de incendio que se vai realizar o luns, 22 de decembro, ás 11:30 horas no centro de día de maiores de Porto do Son, que xestiona COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacide) dende inicios de ano.

Para aplacar esta situación de emerxencia, acudirán membros da Garda Civil e Protección Civil de Porto do Son e tamén os bombeiros do parque de Ribeira. Terán que evacuar ás 17 persoas usuarias do centro, moitas delas con problemas de mobilidade, e tamén ás 7 profesionais.

16 de decembro de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.