publicidade hoxe

Apróbase o proxecto para construír un centro de servizos e apoio empresarial en Barro-Meis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarroMeisPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o proxecto para construír un centro de servizos e apoio empresarial no polígono industrial de Barro-Meis, cun orzamento de 898.000 euros e un prazo de execución de oito meses.

Unha vez adxudicado o viveiro de empresas, que acollerá novos emprendedores no parque industrial, e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación de Pontevedra quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun centro de servizos e apoio ás empresas instaladas, que, ó tempo, proporcione novos espazos para a organización de reunións, salas, auditorio, servizo de restauración ou cafetería.

O presidente da institución provincial, Rafael Louzán, manifestou en rolda de prensa que este centro estará operativo no primeiro semestre do vindeiro ano.

14 de novembro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.