publicidade hoxe

Melide homexea ao profesor Xaquín Yebra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

Melide acollerá unha serie de actos en lembranza do profesor do IES Melide, Xaquín Yebra-Pimentel Rodríguez, falecido este verán pasado. Os actos terán lugar este próximo sábado, 25 de outubro, a partir das 11 da mañá, nas instalacións do IES Melide.

O programa, que comezará ás 11.00 h., incluirá a plantación dunha “árbore para Xaquín” ao que seguirá un acto de imposición do nome de “Biblioteca Xaquín Yebra” á biblioteca do IES Melide ao que continuará un recital de textos e interpretacións musicais a cargo de alumnado, familiares e compañeiros.

De seguido, proxectarase un vídeo-homenaxe a Xaquín que continuará cun coloquio “Lembrando a Xaquín”. Os actos finalizarán cun xantar de confraternidade.

21 de outubro de 2014 | 10:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.