As Cancelas alcanza os 10.000.000 de visitantes
Á afortunada, Ana Brenlla Gerpe, fíxoselle entrega dun cheque regalo de Adidas por valor de 200 € e un pase VIP para a II Edición da Fashion Night que se celebrará o próximo 17 de outubro.
O centro comercial As Cancelas conseguiu na tarde de onte sumar 10 millóns de visitantes, ao cruzar as súas portas sobre as 17:00 h Ana Brenlla Gerpe, tan só dous meses despois de chegar aos 9 e en menos de dous anos desde a súa apertura.