O Concello de Boiro organiza un curso de “Mentoring Comercial” e técnicas de “Visual Merchandising” en outubro
O Concello de Boiro realizou nestes anos un importante esforzo pola dinamización e mellora do eixo comercial. Cun investimento que xa supera os 600.000 €, realizouse unha aposta decidida pola mellora e dinamización das rúas comerciais.
– Melloras integrais de rúas
– Eliminación de pavimentos esvarantes
– Melloras en iluminacións
– Melloras en mobiliario urbano
– Melloras na accesibilidade
– Actuación no mercado municipal
Actuación que se completarán neste ano coa prolongación do eixo comercial ó Norte, e a rexeneración dun espazo de usos múltiples no mercado municipal.
Para completar as actuacións urbanas, o Concello de Boiro, a través dunha liña de subvención da Consellería de Economía e Industria, está a organizar para o mes de outubro un curso de “Mentoring Comercial” e técnicas de “Visual Merchandising”.
Estás técnicas van encamiñadas a:
– Mellora da presentación e imaxe dos produtos expostos
– Optimización do punto de venda
– Técnicas de atención o cliente
En xeral técnicas para mellorar o atractivo do produto e do establecemento e potenciar o interese do cliente
O Curso será coordinado polo Arquitecto Municipal J. Emilio Piña, e impartido polo diseñador e interiorista Moisés Picón Ferreirós, xoven promesa local, que traballou para firmas como “Carolina Herrera”, “Purificación García”, “Duatto” ou “Pombo Interiorismo”, e que na actualidade traballa como “Freelance” no deseño e posta en funcionamento de numerosos locais de hostalería e comercio tanto na comarca de Barbanza como na área de Santiago de Compostela.
Os datos principais do curso son:
Datas: do 1 ó 23 de outubro de luns a xoves
Horario: de 20:30 a 22:00 horas
Lugar de Celebración: Centro Social de Boiro
Prazas Máximas: 30 prazas
Inscripción: Por riguroso orden de rexistro da solicitude
Custo: Gratuito
Inscripcións: Do 10 ó 22 de setembro no departamento de urbanismo (2º andar) do Concello de Boiro