Sidnei será examinado polos Servizos Médicos do Depor e xa se adestrará en Abegondo
Sidnei Rechel da Silva Júnior (Alegrete, Brasil; 23 de agosto de 1989) pasa á primeira hora da tarde unha parte das probas médicas co traumatólogo do Club, Rafael Arriaza; e adestrarase a continuación en Abegondo, ás 18.00, xa cos seus novos compañeiros.
O central brasileiro, que chega cedido do Benfica, aterrou esta mañá no Aeroporto da Coruña.
Pola súa banda, Modibo Diakhité (Bourg-en-Bresse, Francia; 2 de marzo de 1987), ten previsto chegar mañá xoves á Coruña.
Nas próximas horas o Club comunicará o horario no que o central francés pasará probas médicas polos Servizos Médicos do Club.