publicidade hoxe

Benestar Social tramita a solicitude do “tícket eléctrico social” das familias con menos recursos de Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social tramita desde esta semana as solicitudes do denominado “tícket eléctrico social”, unha medida impulsada pola Xunta de Galicia para reducir o custo da factura para aquelas familias galegas con menos recursos. A contía desta axuda será, para o primeiro semestre deste ano, de 45 euros por unidade familiar.

Apuntan desde o departamento municipal que poderán beneficiarse do tícket correspondente ao primeiros seis meses do 2014 as familias do municipio con fillos/as menores de idade ao seu cargo, que teñan un gasto derivado da suministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual, e cuxos ingresos non superasen en 2013 o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

A axuda sumarase aos beneficios da nova TUR –antigo bono social-, alcanzando deste xeito, segundo o goberno autonómico, aforros de até un 40%. Neste sentido, o tícket reportará 45 € ás familias beneficiarias, incrementándose até os 60 € no caso das numerosas.

As familias orteganas que cumpran as condicións sinaladas poderán solicitar o tícket eléctrico social, ben directamente a través da sede electrónica da Xunta ou na web do INEGA, ben dirixíndose ao centro social de Ortigueira antes do 5 de novembro.

6 de agosto de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.