O Concello de Miño solicita a mellora do parque infantil de Telle
O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, acaba de solicitar á Xunta de Galicia a reforma e adaptación do parque infantil de Telle. O rexidor miñense realiza esta petición xa que esta actuación é unha demanda dos residentes e doutros moitos veciños que acuden a este espazo; a inversión prevista é de 34.724;08 euros.
De acordo co proxecto redactado e remitido á Xunta, reemplazaranse os xogos infantis deteriorados e colocarase un novo xogo de malla tridimensional, un xogo infantil que forma pasarelas e barras de equilibrio e un circuito de ximnasia formada por aparatos de flexións, lumbares, abdominais, dorsais, escalada, salto lateral, banco sueco e barra fixo., cumprindo todos eles coa normativa europea sobre seguridade en instalacións de áreas de xogo infantil.