publicidade hoxe

Os alcaldes da comarca de Ordes visitan o Parlamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCercedaFradesLocal PortadaMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo
A-
A+
Os alcaldes da comarca de Ordes na visita ao Parlamento de Galicia

Os alcaldes da comarca de Ordes na visita ao Parlamento de Galicia

O deputado autonómico e concelleiro de Relacións Institucionais do Concello de Frades, Miguel Prado Patiño, recibiu nunha visita ao Parlamento de Galicia aos sete alcaldes da comarca de Ordes. O deputado popular acompañounos na visita ás instalacións onde puideron asistir no hemiciclo ao desenrolo da sesión plenaria e coñecer de primeira man a institución parlamentaria.

Prado Patiño agradeceu a asistencia dos primeiros mandatarios locais e destacou a importancia destas visitas “para reforzar a relación existente entre as institucións máis próximas aos cidadáns, como son as locais, e a institución parlamentaria, para recoller as súas demandas nas súas tarefas de servir ao interese público xeral”. Na visita participaron os alcaldes de Cerceda, Xosé García; Frades, Roberto Rey Martínez; Mesía, Mariano Iglesias; Ordes, Manuel Regos; Oroso, Manuel Mirás; Tordoia, Antonio Pereiro; e Trazo, Xosé Dafonte. Así mesmo, tamén asistiu á visita o tenente de alcalde de Tordoia, Amadeo Cancela.

3 de xuño de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.