publicidade hoxe

Publícase a memoria ambiental da modificación que dotará a Sarria de 74.000 metros cadrados de solo urbanizable industrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoSarria
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a memoria ambiental da modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento para a creación dunha bolsa de solo urbanizable dentro do Concello de Sarria.

En concreto, o obxecto desta modificación céntrase na delimitación de máis de 74.000 metros cadrados de solo urbanizable industrial que están localizados no lugar de Betote, co fin de adaptalos aos aspectos legais actuais que marca a LOUG (Lei de ordenación urbanística y protección del medio rural de Galicia). Ademais esta modificación puntual tamén contempla a ampliación dunhas tres hectáreas co obxecto de satisfacer á demanda deste tipo de solo no Concello de Sarria.

Proposta de ordenación

A proposta de ordenación recollida nesta modificación ordena máis de 74.000 metros cadrados en 10 subsectores: 8 de uso industrial, un de espazos libres e outro de equipamentos públicos. Compre salientar que dos 8 industriais, cinco contan na actualidade con edificacións construídas, estando os tres restantes baleiros.

Tendo en conta todos estes aspectos o ámbito obxecto posuiría as seguintes características:
– Superficie total: 74237,62 metros cadrados.
– Superficie construída: 11.789,88 metros cadrados.
– Superficie edificable máxima proxectada: 23.625,66 metros cadrados.

A memoria ambiental

O documento publicado hoxe no DOG foi elaborado dende a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e recolle unha análise das principais afeccións que supón a aprobación desta modificación puntual, ademais de valorar as medidas axeitadas para minimizar ou corrixir os posibles efectos que poida ter.

A día de hoxe o Concello de Sarria conta cunhas Normas Subsidiarias de Planeamento aprobadas definitivamente en xullo de 1986.

16 de maio de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.