Resolto o concurso de fotografía medioambiental en Xove
Este Concurso, convocado hai uns meses pola Concellería de Cultura do noso Concello, estaba adicado a “Xove, a súa costa e o seu mar”. Tal como recollen as Bases e a Convocatoria, o Concurso tiña como principal obxectivo potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
En total presentáronse 19 participantes, cifra moi estimable se temos en conta que se trataba dunha primeira edición. Pois ben, onte reuniuse o xurado, formado polo pintor de Xove Xoan Guerreiro, o fotógrafo e reporteiro de La Voz de Galicia Xaime Fernández Ramallal, actuando como secretario o técnico de cultura do Concello Mario Eijo.
Rematado o proceso de avaliación, o Xurado acordou conceder os seguintes premios:
Categoría xuvenil:
Primeiro premio de 100 €uros: MARÍA BAKTEEVA, coa obra “NORAY”
Segundo premio de 50 €uros: CLAUDIA VÁZQUEZ SÁNCHEZ coa obra “O QUE A NOSA NATUREZ VE”.
Categoría adultos:
Primeiro premio de 100 €uros: JAVIER VILLARES LAMAS, coa obra “FUENTE DE…”.
Segundo premio de 50 €uros: JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, coa obra “CIRCUMPOLAR EN RONCADOIRO”.