publicidade hoxe

A Aula Cemit da Cañiza acolle unha charla sobre os abusos da banca en tempos de crises

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

A conferencia será impartida pola letrada Bibiana Vázquez Igrexas a partir das 20.00 horas na 1ª planta da Casa de Cultura da Cañiza

En tempos de crises, cando as economías familiares están máis mermadas que nunca, todo é pouco para saír adiante. Por iso a Letrada Bibiana Vázquez ofrécenos algunhas claves para saber si a Banca está a actuar ben cos seus usuarios ou pola contra está a cometer algún abuso e á vez informaranos de que dereitos temos ante os abusos das entidades financeiras.

Na conferencia falarase sobre as cláusulas adoito, cláusulas abusivas, preferentes, swaps ou permutas financeiras, comisións bancarias e outros abusos. Ao finalizar abrirase unha roda de preguntas para que todos os asistentes poidan consultar as dúbidas ou mesmo achegar experiencias persoais.

1 de abril de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.