Concurso Euroscola 2014 no IES “Praia Barraña” de Boiro
Logo do éxito obtido no pasado certame Euroscola 2013 o alumnado de 1º de Bacharelato do IES “Praia Baraña” de Boiro que cursa a materia TIC’s está de novo inmerso na nova edición do certame Euroscola 2014 (concurso organizado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo).
Nesta ocasión o lema do concurso é facer unha proposta para a mellora dalgunha das Políticas Europeas. Conscientes do gran problema que a sociedade actual ten co sobrepeso e a obesidade (máis dun 30% da poboación presenta algún problema relacionado cos problemas de peso) o alumnado propón levar a cabo unha iniciativa que pretenderá concenciar a cidadanía desta problemática.
Dita iniciativa leva por título “Vida Saudable Boiro: Alimentación equilibrada e exercicio físico”. Toda a información que se recabará, as entrevistas que se realizarán a diferentes expertos na materia e o proxecto final que se levará a cabo para esta iniciativa atópase no seguinte blogue:VidaSaudableBoiro.blogspot.com
Dada a importancia do tema de estudo, dito proxecto pora en práctica a interdisciplinaridade e a colaboración entre tres departamentos do noso instituto. Participarán os Departamentos de Tecnoloxía – que actuará coma coordinador- o Departamento de Bioloxía e máis o Departamento de Educación Física.
Como iniciativa e parte final deste proxecto o próximo 1 de abril entre as 10:30 e as 12:30 h terán lugar unhas series de actividades deportivas no Paseo Marítimo de Barraña para concienciar da gran problemática que o sedentarismo, as novas tecnoloxías e a chamada “comida basura” están xa causando na nosa sociedade. Todos aqueles que nos queirades acompañar a dita actividade seredes benvidos.