Vimianzo acolle un curso de autodefensa persoal para mulleres
O Concello de Vimianzo acolle un curso de autodefensa persoal para mulleres. A súa duración será de 12 horas, e conta con prazas limitadas polo que as veciñas interesadas en participar deberán inscribirse no departamento de Benestar Social ou no teléfono 981 70 74 26, onde se lles indicará maior información sobre dito curso.