Guitiriz celebra o centenario de Díaz Castro
A Concellería de Cultura de Guitiriz promove en colaboración coa Asociación Cultural Xermolos e a Xunta de Galicia os Actos de Celebración do Centenario de Díaz Castro.
PROGRAMA DE ACTOS:
ACTOS ESCOLARES:
10:30 h – 12:40 h. Casa Habanera.
Visita dos CEIP de Parga e Guitiriz é a exposición de Diaz Castro. Actuación de 2naFronteira. Zapatiños para Díaz Castro.
12:30 h-14:00 h. IES Díaz Castro.
O alumnado do IES de Guitiriz, protagonista da festa do poeta. Colexios invitados do CPI Friol e IES Urbano Lugrís da Coruña.
ACTOS CULTURAIS:
17:00 h. Cemiterio de Guitiriz.
Ofrenda poético –floral da Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega.
18:00 h. Casa Habanera.
Inauguración da Exposición Nimbos de Luz da Xunta de Galicia.
19:00 h. Casa Habanera.
Presentación de Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, de Armando Requeixo.
20:00h. Casa Habanera.
Estrea do documental “O instante eterno” , de Xosé A Cascudo.