publicidade hoxe

Val do Dubra contará con desfile de comparsas e concurso de disfraces no Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Concello de Val do Dubra vivirá con intensidade as festas do Entroido 2014. A primeira celebración será o sábado, 1 de marzo, de 2014. Ese día está previsto un desfile de comparsas do Entroido, organizado polo Concello de Val do Dubra, no que poderán participar libremente todas as persoas que o desexen, así como asociacións, comunidades ou colexios. Os participantes terán que inscribirse. E teñen de prazo até o 27 de febreiro ás 14.00 horas.

Pola súa banda, o martes 4 de marzo, está prevista a celebración dun baile infantil de disfraces e un concurso de disfraces. Será a partir das 17.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Esta cita contará con animación musical, inchables e agasallos.

O itinerario do desfile do sábado 1 de marzo  comezará ás 19.00 horas e concentrarase na rúa Arcai, ante a sede do Concello de Val do Dubra. A comunicación dos premios farase no Pavillón de Deportes de Val do Dubra. A decisión do xurado comunicarase ao finalizar o desfile.

12 de febreiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.