publicidade hoxe

Medio Ambiente pon en valor a colaboración dos nenos da escola infantil O Golfiño na repoblación das zonas afectadas polos lumes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Ana María Díaz na entrega da recadación

Ana María Díaz na entrega do cheque

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, destacou esta mañá o labor e a colaboración dos nenos da Escola Infantil O Golfiño en iniciativas que teñen por obxectivo repoblar as zonas afectadas pola vaga de lumes no outono de 2017.

Ana María Día participou na entrega dos fondos recadados coa compaña Eu reforesto, postas en marcha pola entidade educativa, coa que se adquiriron case 2.200 árbores, cos que se reforestarán zonas afectadas polos lumes antes de finais de marzo. A directora xeral recordou que esta iniciativa forma parte da campaña Súmate ao verde, promovida polo viveiro Veraleza, para contribuír á recuperación das zonas afectadas polos incendios acontecidos en Galicia no mes de outubro de 2017.

A directora xeral de Patrimonio Natural destacou que este tipo de iniciativas tamén axudan a concienciar ás persoas -desde idades moi temperás- da necesidade de coidar o medio ambiente e protexer o patrimonio natural que nos rodea e, engadiu, que os nenos de hoxe son os mellores embaixadores para preservar a riqueza natural que caracteriza á Comunidade galega.

14 de febreiro de 2018 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.