publicidade hoxe

A Xunta organiza as Xornadas de prevención da violencia sexual no campus de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta maña á inauguración das Xornadas de sensibilización e prevención da Violencia sexual na mocidade, que o Goberno galego organiza nos sete campus galegos, en colaboración coas Unidades de Igualdade das tres Universidades galegas.

Susana López Abella indicou que a violencia sexual, os abusos e o acoso sexual está tipificado na Lei galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero como formas de violencia de xénero.

O obxectivo das Xornadas é previr futuros casos de violencia de xénero a través da formación en igualdade dos mozos e mozas galegos, un aspecto que o Goberno galego considera fundamental xa que os adolescentes resultan ser un colectivo especialmente vulnerable fronte a este tipo de violencia.

28 de novembro de 2017 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.