publicidade hoxe

López-Chaves supervisa as obras de reposición de beirarrúas e remodelación da rede semafórica na estrada PO-552, en Coruxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
López-Chaves na visita á zona

López-Chaves na visita á zona

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciou o pasado 7 de agosto as obras de reposición das beirarrúas da estrada autonómica PO-552, entre o p.q. 1+380 e o 1+750, e a remodelación da sinalización semafórica no p.q. 2+950.

Con tal motivo, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez, visitou hoxe a zona para interesarse polo avance dos traballos. Unha obra que, tal e como destacou, responde ás solicitudes da Asociación de Veciños de Coruxo e que ten por obxectivo dar continuidade aos traballos de mellora que se executaron nesta mesma estrada no ano 2016.

Esta actuación conta cun prazo de execución dun mes e un orzamento que ascende aos 27.502,57 euros. O obxectivo é a mellora da accesibilidade e das características do actual itinerario peonil, con actuacións na marxe dereita da PO-552 entre o p.q. 1+380 e o 1+750, cuxo estado de conservación é deficitario debido a rotura e levantamento puntual de baldosas, inicios de tramos de beirarrúas non adaptados á normativa de accesibilidade e accesos a pasos peonís deteriorados.

Se contempla así o rebaixe e acondicionamento da beirarrúa existente, para dar continuidade ao itinerario peonil en cumprimento da lei de accesibilidade, a colocación dun novo bordo e a execución dun pavimento de baldosa hidráulica.

Ademais, está prevista a remodelación da sinalización semafórica na intersección do p.q. 2+950 da PO-552 coa rúa Manuel Lago, á altura da igrexa parroquial de Coruxo, habilitando o xiro á esquerda dos vehículos que proveñen de Vigo. Unha espira de control de tráfico detectará os vehículos que queren incorporarse á devandita estrada, de modo que se optimice o fluxo de tráfico e se deteña a circulación no semáforo solo cando sexa necesario.

O Executivo autonómico continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

22 de agosto de 2017 | 14:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.