publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio de Melón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelónSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, quedou extinguido ás 10,30 h. de hoxe. Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 159,77 hectáreas, das cales 111 corresponden a monte raso e as 48,77 restantes a arborado.

Este incendio comezou ás 23,00 h. do domingo e no seu control traballaron 14 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

21 de xuño de 2017 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.