publicidade hoxe

A Deputación da Coruña leva a mostra do Premio Jesús Núñez a Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaRianxo
A-
A+

A exposición do X Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez poderase visitar no Auditorio de Rianxo até o vindeiro día 20 de maio. A área de Cultura da Deputación da Coruña convocou xa unha nova edición do certame para o que se poden presentar obras do 1 de xuño ao 30 de xullo.

A obra de Alejandra Lago Alejandre “Chrysallis”, gañadora do X Premio Jesús Núñez de Ate Gráfica, é unha das pezas que se poden contemplar na exposición que até o día 20 de maio estará aberta na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo. Canda ela, obras como as de Marta Aguirre, “Habitan o lugar máis alá da oculta aparencia”ou de Karol Pomykala, “Curiosity I” que foron finalistas da convocatoria así como da mención de honra que recaeu en David Maes integran a mostra que está a circular por distintos concellos da Coruña co fin de difundir a obra que foi recoñecida polo xurado do Premio de Artes Gráficas Jesús Núñez.

O premio, que leva o nome do fundador do Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, entidade que colabora na súa organización, chega xa a súa XII edición nunha nova convocatoria á que se poderán presentar obras do 1 de xuño ao 30 de xullo.

Concederase un primeiro premio está dotado con 6.500 € e unha exposición na Fundación CIEC ademais e dous accésits que consistirán nunha bolsa para a realización dun módulo do Máster de Obra Gráfica do CIEC.

3 de maio de 2017 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.