publicidade hoxe

Inés Santé convida aos sociólogos a observar as paisaxes para poñer en valor os trazos que identifican o territorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+
Intervención de Inés Sante. Foto: M. Fuentes

Intervención de Inés Santé. Foto: M. Fuentes

A directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, invitou aos sociólogos a observar as paisaxes galegas para poñer en valor os trazos que identifican o territorio. Así o manifestou durante a súa intervención na VI edición das xornadas sobre urbanismo e socioloxía Somos Paisaxe, organizadas pola Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Convidou aos alumnos a ter capacidade suficiente para ter en conta o valor de cada unha das áreas de especial interese paisaxístico, así como o seu potencial no conxunto do territorio; sobre todo tendo en conta que os axentes que interveñen no territorio deben integrar nas actuacións que leven a cabo a protección, a xestión e a ordenación das paisaxes, como un factor para potenciar a calidade de vida en todo o territorio e como integrantes da identidade cultural.

A paisaxe, como un elemento clave de intervención na planificación do territorio, debe por contribuír a preservar os valores patrimoniais e dotar de maior coherencia as políticas que actúan no territorio. Esta é a filosofía coa que se sinalaron as 211 Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP), que foron identificadas no Catálogo das Paisaxes de Galicia e que serviu como base para determinar a caracterización de solo rústico de especial protección paisaxística que recolle a Lei do Solo de Galicia.

Tal e como xa ten posto de manifesto noutras ocasións apostou por facer da calidade da paisaxe un excelente indicador do grao de desenvolvemento dunha sociedade e a súa boa xestión e ordenación son un factor a ter en conta para a competitividade dun territorio.

A directora do IET recordou que o Goberno galego elaborou unhas DirectriceS da paisaxe, na actualidade estanse a analizar as alegacións presentadas, que serán unhas normas e recomendacións para a integración dos obxectivos de calidade paisaxística nos plans urbanísticos e sectoriais, así como nas estratexias rexionais e locais.

27 de abril de 2017 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.