publicidade hoxe

O Playa Club estrea febreiro cun concerto dobre a cargo de Sleepwalker e Hexany

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

Na súa decidida aposta por converter a sala nun espazo de referencia para os músicos, o Playa Club dará a benvida a febreiro cun cartel dobre protagonizado por dúas bandas coruñesas, Sleepwalker e Hexany, que subirán ás táboas da emblemática sala o vindeiro sábado 4 de febreiro para demostrar que o rock con selo local está a vivir sen dúbida un dos seus mellores momentos.
 
Sleepwalker
 
Sleepwalker nace en 2015 na Coruña, formada por Denis Granha (Voz), J. Adrián Bouza(Guitarra), Alber Grela (Guitarra), Koke Sparrer (Baixo) e Brais Villar (Batería). En maio de 2016 sacan o seu primeiro álbum “MMXVI” con 10 temas, un LP gravado en Estudios Bonham, que é considerado por revistas especializadas como Pentavox, como unha das revelacións do ano.
 
Tras presentar ao público o seu traballo en directo, inician unha xira por Galicia, con gran acollida por parte do público, reciben o premio á mellor banda coruñesa pola emisora CuacFM, e dan os seus primeiros concertos a nivel nacional.
 
Actualmente atópanse gravando o seu próximo disco “Better World” que presentarán o 4 de febreiro de 2017 no Playa Club Coruña.
 
Hexany
 
Hexany é unha banda de rock alternativo formada en 2013 na Coruña. Arrolados nos brazos da música clásica e guiados polas inquietudes e curiosidades que ofrece o mundo das artes, Hexany apostaron por un xénero ecléctico, carente de barreiras, onde o estilo e as posibilidades só son limitados polos recursos.
 
Con dous EP gravados ás súas costas e con boas criticas nas súas actuacións, puideron ir abríndose paso na escena local, chegando cada vez a máis xente, e resultando gañadores dalgún premio grazas a unha proposta atrevida onde tanto a calidade e o sentimento priman sobre as normas.

26 de xaneiro de 2017 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.