publicidade hoxe

Aínda está aberto o prazo para os cursos municipais en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño recorda a todos os interesados que aínda están a tempo para incribirse e participar nos últimos cursos que empezarán nestes días.

II CURSO COÑECE O TEU MÓBIL: Para maiores de 55 anos, dende o 0 de xaneiro ao 0 de marzo. Luns e xoves de 9.30 a 11.00h. Despois do éxito que tivo o ano pasado, este ano repítese o curso Coñece o teu Móbil co fin de por a disposición de tod@s @s usuari@s as novas tecnoloxías e axudarlles nas dudas e inquietudes diarias, así como intentar que aprendan a sacarlle o mellor partido a algo que hoxe en día é un máis na nosa casa, o teléfono móbil.

ESCOLA DE MAIORES: Para maiores de 55 anos, dende o 10 de xaneiro ao 22 de marzo. E como novidade este ano estreamos a ESCOLA DE MAIORES, co fin de que todas aquelas persoas que polas circunstancias que foran non puideron rematar en condicións os seus estudios, ou simplemente queiran repasar o aprendido ao longo dunha vida, e sobre todo socializar co resto de asistentes, o Concello ofrece este actividade enfocada exclusivamente para eles.

2 de xaneiro de 2017 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.