publicidade hoxe

Salvaterra celebra o éxito de Daniel Pérez Cortegoso tras proclamarse Campión de España Patrulla C1 X3

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSalvaterra de Miño
A-
A+
Recepción a Daniel Pérez Cortegoso

Recepción a Daniel Pérez Cortegoso

Marta Valcárcel Gómez, 1ª Tte. de Alcalde, e Ernesto Groba, Concelleiro de Deportes, reciben no Salón de Plenos do  Concello de Salvaterra de Miño  a  Daniel Pérez Cortegoso natural do municipio, de 14 anos de idade, e campión de España por segundo ano consecutivo na categoría INFANTIL A de Piragüismo,  celebrado en Murcia os días 13 e 14 de agosto, onde tamén quedou CAMPION DE ESPAÑA PATRULLA C1 X3.

Ademais, esta xove promesa do deporte, acadou o 2º posto do campionato galego en Ribadumia disputado o 21 de Agosto.

Este rapaz comezou o ano pasado a entrenar e participar neste deporte, conseguindo o  seu primeiro mérito, o  CAMPIONATO DE ESPAÑA NA CATEGORIA INFALTIL B nese mesmo ano, título revalidado este mesmo mes.

Conta que empezou neste deporte por unha campaña de captación do Club de Piragüismo O Penedo, ao que actualmente pertence.  Dedica 3 horas e media 6 días á semana para conseguir o seu reto “Ser un dos mellores ”.

O seu entrenador  relata que xa nas súas primeiras competicións viu nel a súa destreza neste deporte, xa que na primeira competición quedou  no 7 posto, e nas seguintes non houbo quen o quitase das primeiras prazas. Daniel é un rapaz ao que lle encanta este deporte e sobre todo o que leva consigo, o compañeirismo, xa que tivo unhas palabras moi bonitas cara  o seu rival máis directo, Borja González Martínez, sen o cal dixo que seguramente non conseguiría estar onde está, gracias a ese compañeirismo, pero tamén a esa competición sana, eses entrenamentos xuntos para ver quen saca os mellores tempos fai que os dous estean mellorando e dando o mellor de si. 

25 de agosto de 2016 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.