publicidade hoxe

A axenda festiva de San Roque trae baile galego, folk e a moto de Marc Márquez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As Festas de San Roque continúan con numerosas actividade nas rúas que inclúen na axenda do xoves baile tradicional galego, música folck e ata unha singular exposición promovida por Repsol e na que se dan a coñecer as numerosas disciplinas do deporte a motor que patrocina a compañía na que compiten Marc Márquez ou Dani Pedrosa.

Despois da apoteose do día de San Roque, o xoves chega sen presa pero sen pausa. Dende ás 12 da mañá e ata ás 21 horas da tarde, poderase visitar na Praza da II república o Repsol Racing Tour, a exposición coa que a compañía comercializadora de combustibles celebra case medio século promovendo os deportes de motor. A mostra itinerante amosa a través da exhibición de fotos, paneis, vehículos e outros elementos e equipamentos deportivos, todas as disciplinas do equipo Repsol que participa no Mundial de Motociclismo, no Rally Dakar, en Trial, Automobilismo ou Voo Acrobático.
Entre as cousas interesantes que se poden ver na exposición atópanse a opto coa que Marc Márquez gañou o seu primeiro Mundial en MotoGP, un mono de competición de Dani Pedrosa e outros elementos de pilotos que formaron parte da historia do Equipo Repsol. No exterior, un circuíto inchable permitirá aos máis pequenos disputar competicións e moto de xoguete.

En pases de mañá e de tarde, os grupos de gaitas Airiños de Carril e O Souto de Rubiáns animarán as rúas do centro cos seus pasa calles e o baile tradicional galego terá o seu momento a partir das 21:30 horas no Parque da Xunqueira co Festival Danzabe organizado pola asociación Embruxo de Guillán.

O peche musical da xornada terá ritmos folk e correrá a cargo do grupo Moeda Vella que ofrecerá un concerto na Praza de Galicia a partir das 23:00 horas.

Moeda Vella é un unha nova aposta do folk galego formado por cinco músicos arousáns que contan cunha ampla experiencia na música folk e tradicional.

Unha das características principais a destacar en Moeda Vella é que o seu repertorio está baseado única e exclusivamente en composicións do grupo.
Moeda Vella son: Alberto Sieira (guitarras), Carlos Da silva (gaita, frautas e whistles), Luís Mª Álvarez (acordeón e teclados), Manuel Vicente (percusións) e Natalia Otero (voz e percusións).

17 de agosto de 2016 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.