publicidade hoxe

Xunta e Concello de Carballedo asinan o convenio para reformar e ampliar un edificio que prestará servizos de autonomía e atención á dependencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballedo
A-
A+

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do Concello de Carballedo, Julio Yebra- Pimentel Blanco, asinaron esta mañá o convenio de colaboración en virtude do cal se reformará e ampliará un edificio en dita localidade, no que se prestarán servizos das carteiras de promoción da autonomía e atención á dependencia. Deste xeito a Xunta de Galicia incrementa a dispoñibilidade de equipamentos de servizos sociais na zona rural de Lugo sur. En concreto, porase a disposición de persoas maiores e/ou dependentes 24 prazas de atención residencial e 20 de atención diúrna.

Dito acordo supón a posta en funcionamento dun centro de servizos sociais que dará resposta á demanda existente, garantindo así o dereito a que os servizos no medio rural sexan accesibles ás persoas con discapacidade e ás persoas maiores, e tomando en consideración as necesidades particulares dos cidadáns do medio rural na definición e aplicación das políticas e medidas de protección social.

O convenio estará vixente dende hoxe ata o 31 de decembro de 2017 e o importe total do orzamento ascende a 791.945 euros, dos que a Xunta de Galicia financiará ata 700.000 euros e o Concello de Carballedo os 91.945 euros restantes.

7 de xullo de 2016 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.