publicidade hoxe

A Xunta licita actuacións de mellora de seguridade viaria en tres estradas ourensás co investimento de 710.000 euros

Marisol Díaz na visita á estrada OU-504

Marisol Díaz na visita á estrada OU-504

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora de seguridade viaria en tres estradas dos concellos de Pobra de Trives, Vilamarín, Beade e San Cristovo de Cea mediante o investimento de máis de 710.000 euros. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, acompañada do alcalde de Cea, José Luis Valladares, visitou hoxe a estrada OU-504 unha das vías na que o Goberno galego executará melloras.

Díaz Mouteira explicou que os traballos afectarán a un treito de 23 quilómetros_dende o remate da travesía de San Cristobo (Beade) ata a intersección coa N-525, en San Cristovo de Cea_ e consistirán na reparación do firme co obxecto de mellorar a seguridade viaria desta estrada.

A Consellería de Infraestrutura e Vivenda inicia hoxe o proceso de contratación deste proxecto, coa publicación da licitación, e das outras actuacións incluídas no contrato. Este paquete de melloras de seguridade viaria licitadas hoxe inclúe, amais do treito da estrada visitada, a travesía da Poboa de Trives, na OU-536; e un treito de 3,1km, entre A Grela (San Cristovo de Cea) e San Martiño (Vilamarín), na OU-901.

A delegada territorial indicou que estes investimentos permiten que as estradas da Xunta de Galicia estean en óptimas condicións, incidindo na seguridade viaria e na comodidade na condución.

21 de marzo de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.