publicidade hoxe

Un ferido grave en Cabana por un accidente cunha máquina agrícola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabana de BergantiñosSucesos
A-
A+
Europa Press

Un mozo resultou ferido grave na mañá deste mércores no concello coruñés de Cabana de Bergantiños tras sufrir un accidente cunha máquina agrícola. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias, o suceso aconteceu sobre as 11.30 horas nun terreo situado na parroquia de Anós. O mozo estaba a retirar codia das árbores cunha máquina especial para esta actividade cando sufriu un accidente que o provocou lesións graves nunha perna.

Ata o lugar mobilizáronse efectivos do GES de Ponteceso, Protección Civil e Garda Civil, así como o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou ao ferido ao Hospital Clínico de Santiago (CHUS).

9 de marzo de 2016 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.