publicidade hoxe

Clausúrase o obradoiro de emprego Mellorar Mos no que se formaron 19 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, clausurou hoxe en Mos o obradoiro de emprego ´Mellorar Mos´, onde se ofreceu formación e emprego a un total de 19 alumnos e alumnas en tres especialidades: construción e pavimentación, carpintería e xardinería.

Esta mañá, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañado polo alcaldesa, Nidia Arévalo, clausurou e fixo entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas, persoas desempregadas que recibiron formación e emprego durante 6 meses na Axencia de Colocación de Mos.

Como dixo López-Chaves, esta iniciativa alternou a formación co traballo ou a práctica profesional en dúas especialidades que poden redundar positivamente nos participantes. Deste xeito preténdese unha dobre vertente: que as persoas desempregadas consigan aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional para que “aprendan traballando”. Ademais, percibiron o salario mínimo interprofesional toda vez que recibiron formación para conseguir lograr unha reinserción laboral posterior.

Así, a Consellería de Economía, Emprego e Industria fai posible este programa mixto cun orzamento total de 170.000 euros. Esta iniciativa abre un importante espazo de colaboración administrativa no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización dos recursos.

Con todo, os 19 alumnos e alumnas que realizaron este obradoiro de emprego levaron a cabo diferentes actuacións coma foron a mellora da contorna da capela de San Amaro; a instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes no entorno da praza e capela de San Amaro, no parque municipal de Torroso, nas zonas verdes da Urbanización de San Eleuterio, no contorno exterior do pavillón municipal “Óscar Pereiro”, na avenida de Sanguiñeda, na rotonda das leiteiras, no espazo axardinado da parcela do edificio multiusos de Mos e na finca do campo de fútbol San Antoíño. Ademais, tamén realizaron melloras no contorno da praza e capela de San Amaro, no parque municipal da Igrexa de Cela, no parque municipal da Lagoa en Cela, no parque Municipal de Costoyas en Tameiga e no parque municipal de Torroso.

Os obradoiros de emprego son programas mixtos de formación e emprego que contan con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, a posibilidade de acceder a un posto de traballo. Así mesmo, ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que contribúe á mellora da súa empregabilidade. Este tipo de iniciativas abre un importante espazo de colaboración cos concellos no marco da aposta da Xunta pola eficiencia e optimización de recursos, co obxectivo de orientar adecuadamente os esforzos. Ademais, os obradoiros están vinculados á realización de obras e servizos de interese para a comunidade.

16 de febreiro de 2016 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.