publicidade hoxe

A Xunta realiza catas na ponte sobre o río Grande para a construción dunha pasarela peonil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCeeLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) realiza hoxe xoves, en horario de mañá, ensaios na ponte da estrada AC-552 sobre o río Grande, no núcleo urbano de Baio. O departamento de Infraestruturas está a analizar as distintas alternativas para a creación dun espazo reservado para a circulación dos peóns ao carón da ponte, para o que é necesario realizar catas na estrutura.

A estrada AC-552, que comunica A Coruña e Cee, ten no núcleo urbano de Baio unha ponte sobre o río Grande, situada no punto quilométrico 58+400. A estrutura conta actualmente cunha sección estrita con dous carrís para a circulación dos vehículos e unha banda estreita para a dos peóns na marxe esquerda, máis o seu ancho non permite a circulación destes pola dereita.

A Axencia Galega de Infraestruturas está a redactar un proxecto que pretende facilitar a circulación peonil na ponte e mellorar así a seguridade viaria neste punto. Para elo, analizará as distintas solucións posibles, tanto de ampliación do taboleiro da estrutura para executar unha beirarrúa, coma de construción dunha pasarela adosada.

Para a selección da mellor alternativa é preciso realizar ensaios que permitan determinar o estado da estrutura e os ancoraxes necesarios para executar a zona peonil, que se levarán a cabo no día de mañá, entre as 9:30 e as 13:00 h, aproximadamente.

A maquinaria necesaria ocupará un dos carrís de circulación, polo que dará tráfico alternativo polo segundo carril que será regulado por sinalistas.

A oportunidade para promover esta actuación responde á posta en servizo da Autovía da Costa da morte, prevista para este mesmo verán. A autovía captará a maior parte do tráfico que agora circula pola AC-552, polo que se pretende definir unha solución optimizada que permita a circulación peonil.

28 de xaneiro de 2016 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.