Canta e baila coas calaveras máxicas en Mugardos
Seixo acollerá o domingo, 1 de novembro o espectáculo “Canta e baila coas calaveras máxicas” que está dirixida a nenas e nenos de 5 a 10 anos. O horario será de 17.30 a 19.30 horas na Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo. A asistencia a dita actividade é aberta e gratuita.
A actividade está organizada pola Concellaria de Cultura coa colaboración da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega do Seixo.