publicidade hoxe

O Mesón Parada gaña o I Concurso Gastronómico “Caldelas Tapas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Lectura dos resultados

Lectura dos resultados

O Mesón Parada resultou gañador do primeiro concurso gastronómico “CALDELAS TAPAS”, organizado polo Concello de Ponte Caldelas en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresario (COEMPO), e no que participaron unha decena de establecementos hostaleiros do municipio. Asemade, Óscar Martínez Barreiro resultou agraciado con 100 euros, canxeables en establecementos asociados a COEMPO ou por unha fin de semana nunha casa rural, no sorteo realizado entre as cartillas cos votos emitidos polo público que percorreu e probou as distintas tapas.

Case que cento e medio de papeletas foron depositadas nas urnas instaladas nos dez establecementos hostaleiros participantes no primeiro concurso CALDELAS TAPAS que serviu para dinamizar a actividade nocturna dos venres do mes de agosto en Ponte Caldelas e tamén resultou unha experiencia culinaria que amosou a capacidade creativa e gastronómica que ofrecen os distintos hostaleiros do municipio.

Os venres do mes de agosto os establecementos hostaleiros participantes notaron a afluencia de público que, nos primeiros días, chegou incluso en poñer en serios apretos aos concursantes debido a abalancha de persoas que se foron dando cita nos bares, cafeterías e restaurantes incluidos nesta iniciativa. 

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, agradeceu aos hostaleiros a súa implicación nesta primeira edición do CALDELAS TAPAS “que obtivo un grande éxito grazas aos hostaleiros que se implicaron arreo para ofrecer unhas tapas de alto nivel gastronómico e que demostraron como traballando conxuntamente con iniciativas creativas e novidosas podemos ir recuperando o poder de atracción que foi perdendo o noso municipio desde o punto de vista do lecer e a gastronomía”. 

Andrés Díaz felicitou ao gañador e manifestou o seu desexo e o do equipo de goberno de seguir traballando aprol da dinamización socioeconómica e cultural de Ponte Caldelas “como xeito de reinventarnos pouco a pouco para saír da crise e volver a ser un concello de referencia desde o punto de vista turístico, natural e gastronómico”, sinalou o alcalde.

18 de setembro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.